EXPOSICIÓN O MAR TAMÉN TEN MULLERES
GALP Ría de Vigo- A Guarda
Localización: Carpa do Patrimonio
A campaña O MAR TAMÉN TEN MULLERES é un proxecto que pon en marcha o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo - A Guarda (GALP 7) co obxectivo de recoller fotografías e relatos das traballadoras que dedicaron a súa vida ao mar no territorio que abarca o grupo e que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. Mariscadoras, redeiras, bateeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras e mariñeiras, serán as protagonistas dunha exposición que pretende recuperar os saberes de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo, rendirlles homenaxe e rescatar capítulos preciosos da nosa memoria histórica.
Páxina web do GALP Ría de Vigo-A Guarda: https://galp.xunta.gal/ria-de-vigo-a-guarda
Descarga
o catálogo da exposición en https://galp.xunta.gal/sites/default/files/catalogo_o-mar-tamen-ten-mulleres.pdf