O Mar para Tod@s

Dentro das actividades do Encontro e a sabendas de que as embarcacións tradicionais non sempre son accesibles para persoas con distintas condicións físicas, tentamos garantir un achegamento a este patrimonio marítimo e fluvial a asociacións e colectivos que habitualmente non teñen a oportunidade de subir a unha embarcación de madeira.

O venres pola mañá (11:30h) contamos coa colaboración de varios barcos de maior eslora que facilitan prazas para que todas e todos poidamos desfrutar do mar. A organización coordínase previamente con varias asociacións da bisbarra co obxectivo de facilitar as informacións precisas e garantir as condicións axeitadas.

© XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar