CONVENIO CON PORTOS DE GALICIA E CONFRADÍA DA GUARDA
26.05.2019
O pasado xoves 23 asinouse o convenio entre a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Portos de Galicia e a Confradía da Guarda, que permitirá o uso de instalacións no peirao guardés e a colocación temporal dun pantalán que facilite o atraque de embarcacións participantes no Encontro.
