Graciñas ao Voluntariado!!!

14.07.2019

O Encontro require un montón de traballo previo, e por suposto tamén durante e despois PERO hai unha peza clave neste crebacabezas sen o que sería literalmente imposible que existise o Encontro... e moitas das persoas que conforman esta peza se cadra non pertencen a ningunha asociación de embarcacións nin saben moito do tema PERO están aí para abrir exposicións, preparar o xantar e as ceas, facer algún obradoiro, evitar que os coches se metan por onde non deben, facilitar información a visitantes, vixiar o pavillón, repartir carteis, axudar a fondear as embarcacións e tantas e tantas cousas que é imposible dicilar todas PORQUE simplemente algunhas xurden por sorpresa ou non son doadas de ver.

Por iso: GRACIÑAS VOLUNTARIADO!!!

© XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar