Xuntanza Comité e Comisións
31.10.2018

O sábado 3 de novembro temos prevista unha xuntanza do Comité Organizador do Encontro e tamén das diferentes comisións, co obxectivo de pornos ao día do resultados das diferentes reunións coas administracións que se realizaron estes meses e tamén ir avanzando cuestións loxísticas e do programa de actividades.
A xuntanzá será na Guarda, para ver in situ espazos como a distancia entre o aloxamento das tripulacións e o porto (recollido na imaxe: o edificio gris que se ve a esquerda é o colexio onde se fará o aloxamento e na esquerda da imaxe está o porto... non vos queixaredes da distancia, eh!).