NOVIDADES

Estamos recopilando un mundo de vídeos e fotografías do Encontro, comezando polos audivisuais que acompañaron á propia candidatura. De cara a que quen teña interese en coñecer un pouquiño como foi este XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, recén creamos un apartado no web con estes contidos.

O Encontro require un montón de traballo previo, e por suposto tamén durante e despois PERO hai unha peza clave neste crebacabezas sen o que sería literalmente imposible que existise o Encontro... e moitas das persoas que conforman esta peza se cadra non pertencen a ningunha asociación de embarcacións nin saben moito do tema PERO están aí para...

Habería que remontarse moitísimas décadas para lembrar tantas velas no porto da Guarda. Agradecementos infinitos a todas e cada unha das persoas que fixeron posible este intre máxico tan especial para guardesas e guardeses -e quen se queira sentir incluído neste agradecer-.

Benvidas e benvidos todos e todas á Guarda. A viaxe foi longa pero tranquila, da noite en Cíes non se pode comentar nada... o que acontece nas Cíes, fica nas Cíes!

Falar da Guarda é falar do Monte Santa Trega e, de feito, son moitas as persoas que falan das marabillosas vistas dende o Monte, do Miño bicando ao Atlántico, do inmenso patrimonio arqueolóxico e dunha imaxe que fica na retina de canto visitante hai.

O pasado sábado os preparativos do Encontro foron os protagonistas da entrevista no programa da TVG A Revista e en representación do Comité Organizador estiveron Manolo Sendón e Joaquín Cadilla. Falouse dos comezos da Federación, mencionáronse os obxectivos comúns que temos os colectivos e por suposto do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais...

Dende hai xa uns días os escaparates de distintos locais da Guarda comezaron a engalanarse para o Encontro, dándolle uns aires moi mariñeiros á vila e empregando material cedido ou doado para a ocasión a Piueiro e, por suposto, dándolle cada comercio o seu toque persoal.

Estes días o porto da Guarda anda mudando o seu aspecto habitual e os guindastres preparan os fondeos para que antes da chegada do convoi na Festa da Langosta (5-6-7 xullo) todo estea disposto. De feito xa as embarcacións habituais do porto estrearon os primeiros fondeos.

O pasado sábado 22 de xuño presentouse antes os medios o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se vai celebrar do 11 ao 14 de xullo de 2019 na localidade de A Guarda. Como en anteriores edicións, o Museo do Pobo Galego acolleu estar presentación ante os medios de comunicación, na que alén de representantes do...

Como probablemente xa tod@s sabedes, o Parque Nacional das Illas Atlánticas está no proceso de ser declarado Patrimonio da Humanidade e para apoiar esta candidatura o convoi que está previsto para facilitar a chegada de embarcacións por mar faga unha paradiña nas Illas Cíes o sábado 6 de xuño, tras pasar por Ons esa mesma xornada.

© XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar